Os Nosos Compromisos

Personalizamos os nosos programas e servizos

Adaptándoos sempre ás características do grupo destinatario

Ofertamos un amplo paquete de servizos

Nos que a calidade do produto e a seguridade dos usuarios son prioritarios

Aseguramos a cualificación profesional do noso persoal

 Así como a súa actualización e formación continua

Aínda que traballamos en toda Galicia

Tentamos na medida do posible sempre contratar a profesionais locais para favorecer o seu coñecemento da realidade dos nosos usuarios.

Desenvolvemos os nosos proxectos desde unha perspectiva integral

Partindo do deseño inicial á súa avaliación final, e continuando mesmo cun seguimento posterior dos resultados acadados.

Equipo de traballo

EDUVÍA está constituída por un grupo de excelentes profesionais con formación nos campos que consideramos interesantes para o correcto funcionamento das actividades e o enriquecemento das mesmas Pedagoxía, Educación Social, Animación Sociocultural, Psicoloxía, Igualdade de Oportunidades, Bioloxía, Enfermería, Intervención no Lecer e Tempo Libre.

En EDUVIA contamos con experiencia no SECTOR traballo sociocultural en distintos concellos, asociacións, colectivos e programas desenvolvidos, principalmente, no territorio galego. Isto fai que EDUVIA conte cun importante potencial humano, técnico e profesional para xestionar e desenvolver programas e proxectos de tipo social e/ou cultural.

Servizos

As áreas de actividade nas que traballamos engloban diversos campos como o da cultura, formación, dinamización turística e a educación non formal e o lecer, entre as que destacan:

As nosas Garantias

- As actividades de EDUVÍA contan con todos os elementos técnicos e legais necesarios para asegurar a integridade e a salvagarda dos usuarios.

- Realizamos unha estrita política de selección de persoal, escollendo aos profesionais máis idóneos para cada actividade.

- Elaboramos informes periódicos dos resultados acadados.

- Coidamos cada detalle para obter a máxima satisfacción dos participantes e do cliente

Filosofia de traballo

A nosa flexibilidade e atención personalizada

Deseñamos os nosos proxectos sempre adaptados ás necesidades e intereses dos nosos clientes, axustándonos ao máximo a súa realidade.

Os nosos profesionais

Todos os nosos programas son desenvolvidos por profesionais con titulación e experiencia no ámbito específico de cada programa, garantindo así a calidade das nosas accións.

A nosa metodoloxía

Implicámonos no deseño dos nosos programas de modo que se axusten da mellor maneira posible aos nosos clientes, asesorando, informando e adaptando o noso método a cada un en particular.

A nosa experiencia nos avala

EDUVÍA posúe máis de 10 anos de experiencia no sector que avalan a calidade dos nosos servizos.

 

 

 

Relacións de cooperación a longo prazo

A maioría dos nosos clientes volven a contratar os nosos servizos, debido ao bo servizo recibido e ao alto grado de satisfacción acadado.

 

Traballamos e disfrutamos co noso traballo nas múltiples áreas

Do sector da animación sociocultural o cal nos fai ser máis creativos e estar motivados para atender o mellor posible aos nosos clientes en todo momento.

PROGRAMA KIT DIGITAL FINANCIADO POR LOS FONDOS NEXT GENERATION DEL MECANISMO DE RECUPERACIÓN Y RESILIENCIA

«financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU»

«Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas»

Ir al contenido